Durante o prazo de inscrición dos cursos titorizados do Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que vai do 13 de febreiro ao 3 de marzo, non se poderá acceder aos cursos de autoaprendizaxe destes mesmos niveis, co fin de evitar confusións.
Isto non afecta o curso de autoaprendizaxe do Celga 1, ao que si se poderá acceder.
Benvida, benvido, á Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un espazo virtual pensado para a coordinación e xestión dos plans e programas de formación e acreditación de competencia en materia de lingua galega.